A importancia da formación para obter un emprego"


No Blog de Educación Infantil " Un mundo de Cores" Alba Cela escribiu o seguinte artigo que vale a pena ler e comentar:

"A visión da sociedade sobre a formación destinada a búsqueda do emprego desexado, está cambiando, se antes se vía como imprescindible ter unha carreira universitaria e moitos cursos e masters (segundo varios estudos un amplo porcentaxe de titulados universitarios non traballa no que estudiou), agora, e debido ás necesidades do mercado laboral, priorízase á formación específica nun só campo, dando por tanto maior importancia á Formación Profesional, debido en gran parte pola formación practica que ésta imparte, e polas relacións que establece o alumno co mundo laboral cas FCT, que pon en relación ós sectores productivos cos profesionais do futuro.Ademáis debido ós cambios sociais e económicos, aparece novos tipos de estudiantes: o estudiante-traballador, que comparte o seu tempo no centro educativo con un horario máis ou menos ríxido de traballo e o traballador-estudiante, que regresa ó ambito escolar despois de varios anos de ausencia, e cuxo compromiso laboral delimita á súa actividade formativa.Para ambos as posibilidades de dedicación ó estudo caracterízanse pola sua parcialidade e discontinuidade: fins de semana, horas libres soltas, noites,... , para éstes, que buscan na formación unha forma de mellorar laboralmente, ou simplemente de buscar unha saída mais acorde con él, a Lexilación Escolar, tanto na Universidade como na Formación Profesional, debería proporcionarlle programas escolares acordes cas súas necesidades, ampliando a oferta denominada "de adultos", e ofrecendo, grazas as novas tecnoloxías modelos alternativos de formación."

No hay comentarios: