Tarefa 3: Contratamos

Faremos unha experiencia de traballo para coñecer o contido dos contratos de traballo ( os seus elementos esenciais) e tamén para por en práctica novas habilidades TICs.
Primeiro: en parellas unha fará de empresaria e outra de demandante de emprego, a empresaria escollerá o tipo de modalidade contractual, e co modelo de contrato terá que negociar os distintos elementos esenciais do contrato de traballo; unha ver cuberto o contrato fírmase por ambas partes.
Segundo: traballamos as habilidades TIC; en primeiro lugar se non tedes instalado no voso ordenador unha impresora PDF ( acompaña aos conversores a PDF) teríais que instalar no voso ordenador o programa PDF CREATOR . Despois o contrato de traballo podedes cubrilo online e pulsais unha ver rematado en "imprimir formulario"> seleccionais como impresora PDF Creator > almacénase no ordenador.
Terceiro: Despois xa sabedes escribis un artigo no Blog é utilizando "googlepages" ou ben "scribd" colocareilo en internet.

A importancia da formación para obter un emprego"


No Blog de Educación Infantil " Un mundo de Cores" Alba Cela escribiu o seguinte artigo que vale a pena ler e comentar:

"A visión da sociedade sobre a formación destinada a búsqueda do emprego desexado, está cambiando, se antes se vía como imprescindible ter unha carreira universitaria e moitos cursos e masters (segundo varios estudos un amplo porcentaxe de titulados universitarios non traballa no que estudiou), agora, e debido ás necesidades do mercado laboral, priorízase á formación específica nun só campo, dando por tanto maior importancia á Formación Profesional, debido en gran parte pola formación practica que ésta imparte, e polas relacións que establece o alumno co mundo laboral cas FCT, que pon en relación ós sectores productivos cos profesionais do futuro.Ademáis debido ós cambios sociais e económicos, aparece novos tipos de estudiantes: o estudiante-traballador, que comparte o seu tempo no centro educativo con un horario máis ou menos ríxido de traballo e o traballador-estudiante, que regresa ó ambito escolar despois de varios anos de ausencia, e cuxo compromiso laboral delimita á súa actividade formativa.Para ambos as posibilidades de dedicación ó estudo caracterízanse pola sua parcialidade e discontinuidade: fins de semana, horas libres soltas, noites,... , para éstes, que buscan na formación unha forma de mellorar laboralmente, ou simplemente de buscar unha saída mais acorde con él, a Lexilación Escolar, tanto na Universidade como na Formación Profesional, debería proporcionarlle programas escolares acordes cas súas necesidades, ampliando a oferta denominada "de adultos", e ofrecendo, grazas as novas tecnoloxías modelos alternativos de formación."

Formación como medio de obter un emprego


No Blog de Educación Infantil Tíxolas Power, Maria José Fernández Varela escribiu un artigo que pola súa forza descritiva quero transcribir a continuación, e tamén espero comentarios ao respecto:


"A idea é realmente boa, fórmate e atoparás emprego, é máis, o emprego que desexas. O certo é que tras a lectura do que se supón temos que desenrolar nun artigo non me sae nada positivo a este respecto, pois hoxe en día o panorama é bastante desolador en canto as saídas profesionais que nos ofrece o mundo laboral, xa non me refiro o momento actual da temida crise senón dende fai uns cantos anos;tes que ser o millor, o millor da túa promoción, o millor en canto a realización de traballos, o que máis formación complementaria teñas, máis idiomas controles,...e ademáis ter un mínimo de idade e como non un mínimo de anos de experienia, pode que asi, sí atopes o traballo dos teus sonos, pero non sonrías todavía o contrato será de prácricas e de seis meses de duración e logo xa pensaran se vales ou non vales para ese posto. "