Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS. Mostrar todas las entradas

Tarefa: escribe un artigo

Establecín unha nova actividade puntuable no bloque temático de lexislación e relacións laborais.
Nos materiais do Curso tedes a actividade " A vista de paxaro", tomando o artigo correspondente e as cuestións, tereis que construir un texto dotado de autonomía propia, como se fora un artigo elaborado por vos. É dicir non podedes contestar as preguntas, tedes que elaborar un artigo. Os temas que podedes usar son:
Tema 4: calquera dos artigos
Tema 6: só o primeiro.
Tema 7 e Tema 8.
Tereis que darlle un título ao artigo, introducir unha imaxe, o texto e colocalo dentro da categoría de lexislación e relacións laborais, senón está creada esta categoría tereis que creala.

Tarefa 3: Contratamos

Faremos unha experiencia de traballo para coñecer o contido dos contratos de traballo ( os seus elementos esenciais) e tamén para por en práctica novas habilidades TICs.
Primeiro: en parellas unha fará de empresaria e outra de demandante de emprego, a empresaria escollerá o tipo de modalidade contractual, e co modelo de contrato terá que negociar os distintos elementos esenciais do contrato de traballo; unha ver cuberto o contrato fírmase por ambas partes.
Segundo: traballamos as habilidades TIC; en primeiro lugar se non tedes instalado no voso ordenador unha impresora PDF ( acompaña aos conversores a PDF) teríais que instalar no voso ordenador o programa PDF CREATOR . Despois o contrato de traballo podedes cubrilo online e pulsais unha ver rematado en "imprimir formulario"> seleccionais como impresora PDF Creator > almacénase no ordenador.
Terceiro: Despois xa sabedes escribis un artigo no Blog é utilizando "googlepages" ou ben "scribd" colocareilo en internet.

Tarefa 2

Na clase de hoxe estivemos vendo as distintas opcións que se ofrecen a un Técnico Superior de Educación Infantil, cada un de vós deberá escribir un pequeno artigo propio ( non copia) sobre o falado, un párrafo de 10 ou 12 liñas cunha foto.

Tarefa 1

Os vosos blogs levan unha semaniña camiñando é hora de pararse un momento e dotar aos mesmos dunha estrutura lóxica, neste senso a actividade que tedes que realizar esta semana é a seguinte:
1. As aportacións en forma de "entradas" deben ter un tamaño máximo de media páxina polo tanto tedes que acortar as aportacións, en todas debe haber unha foto ou imaxe cun tamaño máximo de 300 x 300 pixeles.
2. Este blog está pensado para o módulo de FOL polo tanto tereis que eliminar todas aquelas entradas referidas a outros módulos.
3. Tedes que crear dúas etiquetas para cada unha tedes que engadirlles os seguintes nomes; análise socioeconómico e autocoñecemento. As primeiras entradas de estadísticas de emprego e da crise financeira tedes que engadir a etiqueta análise socioeconómico.
4. Despois nas vista Diseño do Panel de Administración tedes que cambia o nome Etiquetas por Categorías, e engadir alomenos dous gadgets: un dos blogs dos vosos compañeiros e compañeiras, e tamén do profesor ( os dous tanto o de blogspot como de wordpress) e outro libre dentro da oferta de gadgets de blogspot.
4. Todos aquelos que non teñan o blog creado deberán comentamelo a fin de darlles unha solución.